Septiembre 2008


Na páxina do “Abogado del Navegante” do periódico “El Mundo”, atopamos unha pregunta sobre a publicación das teses doutorais na rede.

Nesta información falan do repositorio de teses doutorais TRD, http://www.tdr.cesca.es/, que é un repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, as teses doutorais lidas nas universidades de Cataluña así coma doutras comunidades autónomas. Están adscritas a este proxecto 20 universidades españolas, entre as que atopamos a Universidade de A Coruña con 23 teses.

Neste repositorio, http://www.tdr.cesca.es/, existen dous tipos de busca. A busca no propio repositorio e outra busca máis completa que lanza a consulta a dous repositorios cooperativos (TDR e Dialnet) e outros repositorios institucionais dunha serie de universidades (Univ. Carlos III de Madrid, Univ. Complutense de Madrid, Univ. Alcalá, Univ. de Burgos, Univ. Politécnica de Madrid, Univ. Rey Juan Carlos, Univ. Alicante, Univ. Politécnica de Valencia).

O prestixioso científico británico Stephen Hawking atópase xa en Santiago de Compostela, onde o vindeiro sábado 27 recollerá o Premio Fonseca 2008, como recoñecemento da súa importantísima labor na divulgación e popularización da ciencia e dos grandes logros acadados nas súas investigacións. Aproveitará a estancia para presentar o seu último libro, La clave secreta del universo. Una maravillosa aventura por el Cosmos, cheo de explicacións moi sinxelas sobre o Big Bang e os buratos negros. Precisamente, son estos dous puntos os que centran a maior parte das investigación de Hawking, converténdoo no máis destacado estudoso en astrofísica.

Para esta área (Astronomy & Astrophysics), no Subdominio de Galicia, dentro do proxecto Atlas da Ciencia do Grupo Scimago, recóllense 115 publicacións entre 1990 e 2005, sendo a USC a institución con máis documentos publicados (75). Asimesmo, o investigador da área con máis produción é José Ángel Docobo Martínez, con 30 títulos. J.A. Docobo é coordinador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, pertencente ó departamento de Matemática Aplicada da USC; conta con 56 documentos recollidos nas BBDD do ISI e un índice h=8. Observando o cienciograma, conclúese que a materia coa que máis relación ten a Astrofísica é a Física Matemática.

Na súa visita, o científico está acompañado por dous destacados investigadores galegos, Jorge Mira e José Edelstein, gracias ós cales esta viaxe á capital compostelá foi posible. José Daniel Edelstein é actualmente profesor do Departamento de Física de Partículas da USC, na área de Física Teórica, profesor asociado do Centro de Estudios Científicos de Chile e investigador adxunto do Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas de Argentina. Jorge Mira é profesor titular no departamento de Física Aplicada da USC, na área de Electromagnetismo.

Neste último mes estamos a ver nos xornais como o CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear) está sendo noticia pola posta en marcha do acelerador de partículas LHC: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/09/20/00031221913938081824935.htm Neste experimento, chamado Atlas, atopamos a Mar Capeáns Garrido unha investigadora galega, primeira española, no chamado “staff científico permanente” do CERN que se licenciou Física na USC. Presentou a súa tese en 1995 co título: “Estudio del envejecimiento de los detectores gaseosos y soluciones para la utilización de Cámaras de Microstrips Gaseosas (MGCS) en experimentos de alta luminosidad” e dende o 2000 traballa no Laboratorio Europeo de Física de Partículas formando parte do equipo directivo deste laboratorio. Nas bases de datos de Thomson-ISI de recoñecido prestixio internacional, atopamos 28 artigos seus, acadando grazas as citas un índice h=13.

A raíz destas noticias a Física de Partículas ponse de actualidade. En Galicia esta é unha área moi productiva científicamente, xa que é a Física ocupa o cuarto posto das áreas ANEP con maior produción, concretamente nas categorías de Fisica de Partículas e Física Nuclear a USC lidera a investigación en Galicia publicando entre 1990 e 2005, 263 e 164 documentos respectivamente. A continuación amosamos os mapas cienciométricos destas categorías, onde podemos ver con que outras áreas se relacionan a Física de Partículas e a Física Nuclear. As esferas máis próximas ao centro son as que teñen unha maior vinculación e o volumen da esfera representa o número de documentos que hai nesa área. Esta información obtense do Subdominio de Galicia, proxecto elaborado polo Grupo Scimago da Universidade de Granada, unha guía deste Subdominio está colgada na seguinte dirección:

http://www.bugalicia.org/adjuntos/estudios/SUBDOMINIODEGALICIA_galego_v2.pdf


Scopus dispón dunha ferramenta para a avaliación das revistas “Scopus Journal Analyzer” dispoñible dende a páxina de Scopus ( http://www.scopus.com ), a cal pode ser de utilidade tanto para investigadores, especialistas da información e bibliotecarios e mesmo para os editores.

Os investigadores poden empregar esta ferramenta para avaliar que revistas son máis relevantes no seu ámbito de investigación e así decidir a que revista enviar primeiro os seus artigos.

De cara os especialistas da información é interesante para saber que revistas son máis relevantes e así intentar investir nas revistas máis importantes.

Por outra banda os editores poden avaliar as súas propias revistas así coma as revistas dos seus competidores.>

Unha pequena descrición en inglés atópase en:

http://www.info.scopus.com/journalanalyzer/?utm_source=ECU001

Se queredes máis información podedes consulta esta guía sobre o manexo desta ferramenta. Espero que vos sexa de utilidade.

Esta fin de semana, atopámonos unha vez máis cunha noticia sobre un dos investigadores galegos de máis prestixio, Angel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal da USC. Na entrevista publicada en La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/09/21/0003_7158769.htm, Carracedo, maniféstase favorable á creación de bancos xenéticos para a investigación criminal, podendo ser estes de gran axuda na resolución dalgúns crímes. Para elo, amósase a favor de lexislar estes bancos de ADN, algo que xa existe en todo Europa e que España está pendente de  desenvolver.

Ángel Carracedo que lidera o grupo de investigación de Medicina Xenómica (USC) ten o longo da súa traxectoria profesional máis de 200 publicacións nas bases de datos de maior prestixio a nivel internacional (Thomson-ISI). As dúas revistas internacionais onde máis publica son Forensic Science International e International Journal of Legal Medicine con FI 2.015 e 3.03 respectivamente.

O seu Indice h=25 reflicte a importancia deste investigador no campo da Medicina Legal tanto a nivel nacional como internacional.