Noviembre 2008


Grelos e Nabizas, dúas das verduras máis comúns en Galicia na tempada de inverno son recomendadas para a prevención do cancro. A noticia aparece hoxe no diario “El Correo Gallego“. Según un estudo da Misión Biolóxica de Galicia está probado o alto valor nutricional destas plantas e as súas propiedades anticanceríxenas e antioxidantes.

logo_mision Pablo Velasco comenta que as propiedades anticanceríxenas deste vexetais débese a presenza de glucosinolatos, o mesmo compoñente que produce o sabor amargo que teñen.

A recomendación deste alimentos tamén vai para as persoas que padecen osteoporosis, polo seu alto contido en calcio.

A investigación levada a cabo na Misión Biolóxica de Galicia conta cunha axuda do Plan Galego de I+D+i, quen lles dotou de 80.000 euros para este proxecto.

Este portal de difusión da produción científica hispana rexistrou, entre Xaneiro e Outubro de 2008, 159 millóns de visitas, converténdose así no primeiro dominio universitario español e o segundo entre as universidades latinoamericanas. Outras cifras avalan esta plataforma de recursos e servicios documentais da Universidad de La Rioja, con máis de 320.000 usuarios rexistrados, 1.820.000 documentos accesibles e 5.100 revistas indizadas.

O vindeiro 26 de Novembro aprobarase a constitución da Fundación Dialnet, que xestionará este portal e que estará operativa a partires de Xaneiro do 2009. Terá tamén novos cometidos, entre os que salientan a evaluación das institucións adicadas á investigación e os currículos dos científicos.

Hoxe en Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Medicina, reúnense  preto de 150 investigadores da Red de Terapia Celular (Tercel).

Esta reunión ten como obxetivo intercambiar experiencias e poñer en común os avances e resultados en trasplantes e trantamento de enfermidades a partir das células madre (células diferenciadas que teñen a capacidade de reproducirse, o que permite ter unha fonte inagotable de células en cultivo para poder facer trasplantes ou terapia)

O Laboratorio de Neuroanatomía e Neuroloxía Experimental da USC é ogrupo de investigación galego (Departamento de Bioquímica e Biología Molecular) promotor desta reunión, e o único do SUG que está integrado nesta Rede.

O profesor José Luis Labandeira considera que “posiblemente en el futuro la polémica sobre el origen embrionario frente a origen adulto acabará en un segundo plano con la aparición de nuevas técnicas. Todo lo que se está obteniendo ahora por una u otra vía va a ser útil para llegar a ese fin“.

Este investigador conta, a día de hoxe, con 90 documentos publicados en ISI, e ten un índice h = 18. O seu artigo máis citado é: Autoxidation and neurotoxicity of 6-hydroxydopamine in the presence of some antioxidants: Potential implication in relation to the pathogenesis of Parkinson’s disease, publicado en Journal of Neurochemistry, no 2000.

Unha das empresas máis coñecidas en Galicia de produtos lácteos, Feiraco, solicitou a colaboración da Universidade de Santiago, en concreto do Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación para colaborar na investigación de alimentos funcionais(alimentos cunhas características nutricionais  específicas que teñen a misión de mellorar a saúde e reducir o reducir o risco de contraer enfermidades)

Esta colaboración xa deu o seu fruto coa posta no mercado dun leite enriquecido en ácidos graxos, beneficiosos para previr enfermidades cardiovasculares.

O Grupo de investigación de “Elementos Traza Espectroscopía e Especiación” anteriormente colaborou tamén co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), na busca de fórmulas infantís enriquecidas e sen riscos para a nutrición infantil.

A colaboración co sector privado permítelle ao Grupo contar con financiación importante para desenvolver as investigacións neste campo, contratar persoal e mellorar as súas infraestructuras.

Onte a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, presidiu  o acto de entrega das bolsas de investigación L’Oreal-Unesco, no salón de actos do CSIC en Madrid. Entre as galardoadas está a pontevedresa Verónica Salgueiriño Maceira, Doutora en Químicas pola Universidade de Vigo e Licenciada en Químicas pola Universidade de Santiago.

Verónica Salgueiriño Maceira ten 30 publicacións recollidas na base de datos do Web of Science (Thomson-ISI), e gracias as citas recibidas obtén un índic h=13.

O seu artigo máis citado foi publicado en 2001 na revista Chemistry of Materials: “Deposition of sliver nanoparticles on silica spheres by pretreatment steps in electroless platinno que tamén colaboran Y. Kobayashi, e Luis M. Liz-Marzan.

Estas bolsas pretenden fomentar o recoñecemento do papel das mulleres na ciencia e aumentar o número de vocacións científicas. A cuantía de cada bolsa é de 20.000 euros, unha aportación que de seguro é de gran axuda para seguir avanzando nas investigacións que levan a cabo.

Entradas siguientes »