Diciembre 2008


A partires de agora seguimos actualizando o blog dende a seguinte URL:

http://corredoiras.bugalicia.org/

image

Hoxe en Santiago terá lugar unha conferencia de Gerardus´t Hooft, premio nobel de física en 1999.  Dita conferencia, que leva por título “The future of Science“, enmárcase dentro do programa ConCiencia organizado pola Universidade de Santiago en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.

A conferencia impartirase no Centro Sociocultural de Carreira do Conde ás 20:00 horas. Invitación: http://www.fundacioncaixagalicia.org/StaticFiles/Contenidos%20Fundacion/pdf%20actos/hofft.pdf

GrupoQuimicaColoidal Con esta exclamación atopámonos ao entrar na web do Grupo de Química Coloidal da UVIGO, unha web en inglés, coidada ata o mínimo detalle para potenciar a proxección internacional da investigación que están a desenvolver no Grupo.

O responsable do grupo, Liz Marzán, explica no Suplemento Innova Galicia de La Voz de Galicia do 30 de Novembro, o caracter fundamental da investigación que desenvolven, baseada no estudo e no desenvolvemento das aplicacións das nanopartículas, materiais minúsculos.

O Grupo está formado por 25 membros, maioritariamente químicos, aínda que tamén hai dous físicos e un enxeñeiro. Estudan as posibilidades das nanopartículas na cerámica decorativa, analizan tamén fórmulas de manipulación da luz, pero no ámbito no que a actividade do grupo destaca é o da aplicación das nanopartículas en diagnósticos médicos.

Neste último ámbito é onde Liz Marzán sitúa o maior reto de futuro ao que se afrontan: a detención de moléculas individuais no interior de sistemas biolóxicos.

Máis información no Suplemento de Innova Galicia do 30 de Novembro e na web do Grupo: http://webs.uvigo.es/coloides/nano/main.html

José Couceiro Follente, investigador de longa traxectoria profesional dirixe o Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos da USC. Ligado ao instituto dende a súa creación, fai case 10 anos, loita agora para que sexa un consorcio formado pola Universidade, empresas do sector sanitario e o Servizo Galego de Saúde quenes xestionen o Instituto.

A vocación deste investigador non se queda só na docencia, ademáis da dirección do Instituto, está ao fronte do Servizo de Traumatoloxía e Ciruxía Ortopédica do CHUS.

Segundo Couceiro “A práctica cirúrxica combinada coa investigación é enriquecedora. Podo trasladar ao quirófano as últimas técnicas desenvolvidas no Instituto para estimular a investigación“.

O Instituto de Ortopedia que empezou a traballar no CHUS, hoxe ten un edicifio propio no Campus da USC. É sen dúbida un referente internacional no cultivo do cartílago. Aquí cultívanse tecidos que son enviados para tratamentos clínicos a hospitais de toda España e catro alemáns.

No Suplemento Innova Galicia de La Voz de Galicia do 30 de Novembro podemos ampliar esta noticia.

APL O que ata agora era a Aula de Productos Lácteos de Galicia, pasará a chamarse Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, con novas instalacións para seguir investigando ao servizo da empresa láctea do noso país.

A Aula de Productos Lácteos de Galicia empezou a súa andaina ao servizo deste sector en 1994, colaborando non só a nivel español senón tamén como con outros países, que lles permitiu establecer contactos e traballar con multinacionais europeas do sector e doutros produtos alimentarios como as sopas e as cremas.

Para afrontar novos retos e máis ambiciosos os profesionais disporán dun novo centro situado en As Gándaras o cal está previsto que entre en funcionamento en dous anos.

O seu director Juan Méndez, detalla polo miúdo, no suplemento de Innova Galicia [La Voz de Galicia. 30 Novembro] o traballo que se realiza neste centro e os procesos aos que someten o leite para buscar a maior calidade.

Entradas siguientes »