O que ata agora era a Aula de Productos Lácteos de Galicia, pasará a chamarse Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, con novas instalacións para seguir investigando ao servizo da empresa láctea do noso país.
A Aula de Productos Lácteos de Galicia empezou a súa andaina ao servizo deste sector en 1994, colaborando non só a nivel español senón tamén como con outros países, que lles permitiu establecer contactos e traballar con multinacionais europeas do sector e doutros produtos alimentarios como as sopas e as cremas.
Para afrontar novos retos e máis ambiciosos os profesionais disporán dun novo centro situado en As Gándaras o cal está previsto que entre en funcionamento en dous anos.
O seu director Juan Méndez, detalla polo miúdo, no suplemento de Innova Galicia [La Voz de Galicia. 30 Novembro] o traballo que se realiza neste centro e os procesos aos que someten o leite para buscar a maior calidade.