Unha das empresas máis coñecidas en Galicia de produtos lácteos, Feiraco, solicitou a colaboración da Universidade de Santiago, en concreto do Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación para colaborar na investigación de alimentos funcionais(alimentos cunhas características nutricionais específicas que teñen a misión de mellorar a saúde e reducir o reducir o risco de contraer enfermidades)
Esta colaboración xa deu o seu fruto coa posta no mercado dun leite enriquecido en ácidos graxos, beneficiosos para previr enfermidades cardiovasculares.
O Grupo de investigación de “Elementos Traza Espectroscopía e Especiación” anteriormente colaborou tamén co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), na busca de fórmulas infantís enriquecidas e sen riscos para a nutrición infantil.
A colaboración co sector privado permítelle ao Grupo contar con financiación importante para desenvolver as investigacións neste campo, contratar persoal e mellorar as súas infraestructuras.