image Hoxe ten lugar en Santiago de Compostela unha xornada que leva por título “Ecoinnova: Lonxa de Ecoinnovación”. Esta inniciativa, enmarcada dentro do “Espacio de Innovación Medioambiental” está impulsada por FEUGA, o Sistema Universitario Galega e as asociacións empresariais sectoriais, co apoio da Dirección Xeral de Innovación e Industria.

O obxectivo desta xornada é promover a ecoinnovación e facilitar ás empresas e a comunidade científica o acceso preferente a unha amplia gama de servizos orientados a introducir solucións de I+D+i na empresa.

Os 150 grupos ciencitíficos galegos xuntaranse no día de hoxe para intentar promover a ecoeficiencia entre 300 empresas dos sectores do hormigón, a madeira e a cerámica.

A xornada terá lugar na Sé de Feuga, de 9:00 a 18:00 horas.

Máis información na seguinte web: http://www.clustermadeira.com/files/Lonxa_ECOINNOVA.pdf

Onte presentouse, na sede do CSIC, en Bruselas a Rede Galega de Plataformas Tecnolóxicas (NEURONA). Na presentación estivo o director xeral de I+D da Comisión Europea e Salustiano Mato de la Iglesia, director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, xunto con representantes das Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Agroalimentación, Biotecnoloxía e Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

O Director Xeral de I+D+i explicou que as plataformas tecnolóxicas teñen entre os seus principais obxectivos aumentar a capacidade innovadora de Galicia transformando o coñecemento científico en valor económico engadido, garantir que se cumplan os avances tecnolóxicos e de I+D+i nos distintos sectores estratéxicos para Galicia, orientar as inversión locais e estatais públicas e privadas en I+D+i e facilitar a participación das empresas, especialmente PYMES, en grandes proxectos de ámbito estatal e internacional.

En total son 17 plataformas tecnolóxicas existentes que agrupan a máis de 1500 axentes. Entre eles súmanse 1020 empresas, 46 asociacións e clústeres empresariais, 22 centros tecnolóxicos e 317 grupos de investigación. A Consellería de Innovación e Industria investiu máis de 17 millóns de euros de apoio financeiro e que están mobilizando máis de 81 millóns de euros en proxectos.

Para ampliar máis esta noticia, pódese consultar a seguinte páxina:

http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias/Galicia-presenta-en-Bruselas-su-red-de-plataformas-tecnologicas

Para coñecer máis sobre NEURONA:

http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias/Innovacion-e-Industria-crea-la-red-Neurona-para-agrupar-y-potenciar-las-plataformas-tecnologicas-gallegas

Un informe de Bugalicia indica que a universidade compostelana se sitúa á cabeza da producción científica de Galicia presente na base da datos Thomson-ISI dende 0 2002 ao 2006, con 5.383 documentos publicados en revistas especializadas entre os anos 2002-2006.

A producción científica do conxunto do Sistema Universitario de Galicia (SUG) superou os 9.000 documentos publicados nas revistas de investigación máis prestixiosas do mundo neste período.

No cómputo global, correspóndelle á USC encabezar a lista, con 5.383 artigos, seguida da UVIGO con 2.954 e da UDC con 1.380. Así se desprende do informe “Evolución da producción científica do SUG nas bases de datos ISI 2002-2006″, elaborado polo Consorcio de bibliotecas universitarias de Galicia (BUGALICIA)…

… Neste período a producción científica do SUG constitúe o 76.5% da cifra totoal de Galicia (11.818 documentos publicados)…

…ao mesmo tempo a producción científica de Galicia por documentos publicados representa o 6,7% de todo o Estado nese período

[La Voz de Galicia. 9 de novembro de 2008. Suplemento Innova Galicia]

http://www.bugalicia.org/adjuntos/estudios/PCSUG_Informe_2002-2006_ISI.pdf

http://www.bugalicia.org/adjuntos/estudios/AsUniversidadesGalegasSuperanEn5anosAs9000publicacions.pdf

César Pérez Cruzado traballa na modelización do secuestro de carbono en terreos agrícolas reforestales. Pérez Cruzado dí que os terreso agrícolas son grandes emisores de carbono, sobre todos aqueles nos que hai un laboreo intenso, polo que unha opción para contribuír á mitigación do efecto invernadoiro podería ser a reforestación destes terreos….

[La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2008.  entrevista no Suplemento Innova Galicia]

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) eo Grupo de Enxenería Química Ambiental da UDC exploran novos xeitos de xestionar os residuos na contorna rural. así traballan nun programa piloto de compostaxe doméstica no que participan 150 viviendas dos consellos de Cerceda, Ordes e Carballo, unha experiencia na que tamén colabora a organización ecoloxista Adega e que, tras comezar a pasada primavera, xa ofrece resultados porque a reducción de residuos orgánicos nos colectores do lixo alcanzou nongunha das parroquias participantes preto do sesenta por cento.

Esta materia orgánica que antes enchía colectores e encarecía a súa recollida destínase agora a elaborar abono que pode empregarse logo en hortas e xardíns…

[La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2008. Suplemento Innova Galicia]

« Entradas anterioresEntradas siguientes »